Wednesday 15 de May de 2024

O Concello de Ordes celebrará o vindeiro 1 de maio a xuntanza de maiores


A inscrición permanecerá aberta dende este mércores ata o día 25. Misa, xantar e baile serán os principais actos que terán lugar no Campo da Feira

O Concello de Ordes celebrará o vindeiro 1 de maio a súa tradicional xuntanza de maiores. O programa previsto dará comezo a partir das 13.30 horas cunha misa solemne, que estará seguida dun xantar. O lugar de encontro será o Campo da Feira, para o que se instalará unha carpa que albergará ambos os actos. A festa, a diversión, a música e o baile non se botarán de menos nesta cita que cada ano congrega a centenares de persoas para desfrutar dunha xornada do máis animada e de marcado carácter social.
Para poder participar é necesario inscribirse dende o vindeiro mércores, día 13, ata o luns 25 de abril na planta baixa do Concello, tras o pago previo de 5 €.